oe ti, o do pandeiro, toca-ma outra vez
non me durmo e non teño sítio onde ir
oe ti, o do pandeiro, toca-ma outra vez
cando ao leste cante o galo irei onda ti
os sentidos esgotados
abandoan-me ao serán
esvaecen entre as mans
estou cansa
e sen embargo non me durmo
os ollos coma lousas
os pés a me ferver
estou soa, non hai ninguién
e na rua anterga e gris
todo está escuro
(CORO)
fai-me voar nun barco
ti tés máxia de guru
mente espida e corpo nu
a mecer-me co vaivén
insensíveis os meus pés
sei que agardan polas botas
e a marea
estou disposta a todo
a pirar-me e esvaecer
a perder-me baixo a pel
enfeitiza-me outra vez
alívia as miñas penas
(CORO)
fai que desapareza
baixo o fume do papel
onde o tempo ande ao revés
baixo a longa lua de avril
na espesura do xardin
cara á praia de marfil
mais aló do vil confin
dos soños rotos
a bailares coas estrelas
saúdando cunha man
camiñando sobre o mar
area feble baixo os pés
as lembranzas do outro edén
ondas brancas que mollei
quero esquecer-me do que vén
até o dia novo
(CORO)

Composição: