395px

Feitos

Juan Pardo

Doce son do carro que canta nun aldear
Rexoa na miña xalma o teu fungar
Os ecos dunha vella rosmando na lareira
Seus fillos polo mundo están
Feitos na terriña ou feitos fóra dela, e que máis dá?
Os feitos son os que ten que contar
Ben certo é que os galegos facemos patria fóra
E agora vén o tempo de facela en casa xa
Coma o ferro se forxa na fragoa
Nosa xente templouse nas fágoas

Naquela morriña, naquela saudade
Daquela distancia, daquela soidade
Morrendo un pouquiño e nacendo despois
A loitar polos nosos traballando mellor
Naquela morriña, naquela saudade
Daquela distancia, daquela soidade
Correndo polo mundo, en calquera cidade
Da patria galega, sempre tes hermandades

Señora, miña nai, Galicia
Non quero ver que chora máis
Si tantos fillos ten, Galicia
Ben feitos ten os fillos, nai
Señora, miña nai, Galicia
Galegos polo mundo ben feitos van

Van feitos, ben feitos
Facéndose camiños pola mar
Van feitos, ben feitos
E as estrelas aloumiñan seu andar
Van feitos, ben feitos
Uns quedan na terriña por loitar
Van feitos, ben feitos
Outros andan polo mundo a traballar
Señora, miña nai, Galicia
Ben feitos ten os fillos, miña nai