395px

Terra

Luar na Lubre

Aínda hoxe queda xente
Que sabe sentir a terra
Queda aínda quen comprende
Canto pode aprender dela

Que no existe o silencio
Todo está cheo de sons
Canta o río, brúa o vento
Todo fala ao teu redor

E é preciso que entendas
O que intúes no interior
Somos parte desta terra
Porque terra somos nós

Somos coma o vento
Que peitea a herba
Gardando os segredos
Dos confíns da terra

Somos como as pedras
Que o tempo moldea
Envoltas nas néboas
Dos confíns da terra

Somos coma o lume
Que da luz nas tebras
E esperta as concencias
Dos confíns da terra

Composição: