395px

Indignados

QFB

Sube QFB ao escenario
Xa non poderás calalo
Estes anos en silêncio
Estivemos observando
Guerras, fame e corrupción
Abren sempre os noticiarios
Facebook, Twitter, Instagram
Fakenews e post verdades
Todo serve pra ocultar
A súa mediocridade
O gran irmán vixiando
Nosas vidas sen medida
Axudas de fantasía
Corazóns de hipocrisía
Tapóns pa axudar aos pobres
Cartos envoltos en sobres

Auga que enche piscinas
Mentres no monte saltan muxicas
Aldeas sen xente e montes en cinzas
Chandrexa de queixa
Agora o Courel
Toda a nosa terra
Están facendo arder

Traballadores pobres
E pobres sen traballo
Comparte no teu muro
Para combati-lo paro
Firma a petición
Contra iso que te indigna
Quizais ti salve-lo mundo
Na túa cabeciña
Chalupas sen porto
Sementan de almas o mar
Fuxindo da fame e das guerras
Coas que fai negocio o Capital
Pon no teu perfil un Je suis
Que todo o vai arranxar
Lazos para a inxustiza
Ao caldeiro por discrepar

Auga que enche piscinas
Mentres no monte saltan muxicas
Aldeas sen xente e montes en cinzas
Chandrexa de queixa
Agora o Courel
Toda a nosa terra
Están facendo arder

Chega a hora de decidir
Como queres combatir
Se sentado no sillón
Ou pasando a acción
A margarida esfollar
Cara outro lado mirar
Ou o móbil apagar
E comezar a loitar
QFB non vai parar
Da inxustiza denunciar
Únete, connosco berra
Como se fose unha guerra
Os montes hai que coidar
Que non os volvan queimar
Noso carácter sacar
Contra quen queira abusar

Auga que enche piscinas
Mentres no monte saltan muxicas
Aldeas sen xente e montes en cinzas
Chandrexa de queixa
Agora o Courel
Toda a nosa terra
Están facendo arder

Toda a nosa terra
Están facendo arder
Toda a nosa terra
Están facendo arder

Toda a nosa terra
Están facendo arder
Toda a nosa terra
Están facendo arder

Composição: Qfb