Teño un amor que fuxe cando me achego
Teño un amor que fuxe cando me achego
Cando me afasto decide achegarse a min
Que me queres amor?
Que andas buscando en min?
Non sei se queres xogar ou non sabes querer
Hai un tempiño que choro pouco de amores
Quen non me quere ben non me fai sufrir
Vai ven, ven vai, vai ven
Pouco podo facer
Pero con cada voltiña que das
Vou perdendo as ganiñas de estar para ti
Pensei que talvez si
Funme deixando ir
Foxos na estrada e
Herba no asfalto
Pensei que talvez si
Funme deixando ir
Foxos na estrada e
Herba no asfalto
Uh-uh-uh
Uh-uh-uh
Uh-uh-uh-uh-uh-uh
Teño un amor que fuxe cando me achego
Cando me afasto decide achegarse a min
Que me queres amor?
Que andas buscando en min?
Non sei se queres xogar ou non sabes querer
Teño un amor que fuxe cando me achego