Hei de mandar facere
Un corazón de madeira
Que non saiba querere
Que non sinta nin padeza

Non quero que me queira
Quen non me saiba querere
Unha muller enteira
Non precisa de ninguen-he

Se queres irte vaite
Se te vas vaite ben lonxe
Onde non poida verte
Nin te sinta nin te soñe

Non te quixen nin te quero
Nin me acordo xa de ti-e
Non sei como te chames
Nin sei se te coñecin-he

Dicías que me amabas
Pensaba que me querías
Tanto me prometiches
Só me quedan as mentiras

Eiquí remato o conto
Nin me choras nin me laies
Quixente máis que a vida
Que te ature túa nai-e

Composição: