Náufrago a Contravento
Nao Galiza
Sinto as miradas bater no meu peito
Sinto corazas fundirse en silencio
Sei do mal, coñezo o ben
Tamén os meus talentos
Hai días que soño con botarme ó mar
E sei de ti cando non estás
Busco sombras nun deserto
Agora non fago, só queimo un papel
E funme só e non regresei
Náufrago a contravento
Cuberto de flores, baleiro por dentro
Náufrago a contravento
Sinto a cordura atando baleiros
Sinto os teus beizos soprando os meus beizos
E saín de min e atopeime en ti
Na dozura do teu xeito
Recobrei a consciencia abrazado ó teu peito
E prometo estar cando non estés
E prometo ser nós mesmos
Debuxando paisaxes e envellecendo
Non me deixes ir, eu non te soltarei
Loitaremos contra o vento
Camiñando con paz, abrazados a un tempo
Náufragos a contravento
Náufragos a contravento
Comentários
Envie dúvidas, explicações e curiosidades sobre a letra
Faça parte dessa comunidade
Tire dúvidas sobre idiomas, interaja com outros fãs de Nao Galiza e vá além da letra da música.
Conheça o Letras AcademyConfira nosso guia de uso para deixar comentários.
Enviar para a central de dúvidas?
Dúvidas enviadas podem receber respostas de professores e alunos da plataforma.
Fixe este conteúdo com a aula: