A casiña do novo sol

Daniel Gonzalez

Seica din que anda polo Baixo Miño
A casiña do novo sol
Foi a ruína de moitos mozos
Entre os cales estou eu

Miña nai era coma un xastre
Coseume os meus vellos pantalóns
Meu pai un xogador
Un coñecido do barrio

Aquí o único que precisa un xogador
Son cartos e un antro con bo viño
Ese home só queda satisfeito
Cando cae, bébedo e desfeito

Miña nai dille aos teus fillos
Que non fagan como fixen eu
Gastar as súas vidas en pecado e dor
Na casiña do novo sol

Se fixera caso a miña nai
Hoxe estaría aquí
Pero era xove e doudo
Dos bos consellos fixenme xordo

Xa teño un pé metido no andar
E outro subido no tren
Que vai camiño a Vigo
Esta vez espérame o castigo
A casiña do novo sol


Comentários

Envie dúvidas, explicações e curiosidades sobre a letra

0 / 500

Faça parte  dessa comunidade 

Tire dúvidas sobre idiomas, interaja com outros fãs de Daniel Gonzalez e vá além da letra da música.

Conheça o Letras Academy

Enviar para a central de dúvidas?

Dúvidas enviadas podem receber respostas de professores e alunos da plataforma.

Fixe este conteúdo com a aula:

0 / 500

Opções de seleção