Vestida de aldraxe e mouras cubizas
De inxusticia arreo i eternas perguizas
Preñada de roubos, chea de ruindade
Afógame a bosta desta sociedade.

Hoxe tes pecados a mallar nos servos
Alancán de coces, fonchos e sobervos
E trunfa a luxuria e medra o ladrón,
E canta o usureiro e vive o lambón.

Pros nosos meniños agroman coitados
Futuro de mágoas o fel mesturados
Nin escola, nin industria, nin cencia nin abeiro
Un corgo lles queda fuxir ao estranxeiro.

Aínda hai poetas que cantan ás froles
Que falan de meles i ensoñan amores
I alaudan e gaban e baten as mans
E din a porfía que somos irmáns.

Tradução Adicionar à playlist Tamanho Cifra Imprimir Corrigir

Posts relacionados

Ver mais posts