Faça login para habilitar sua assinatura e dê adeus aos anúncios

Fazer login
exibições de letras 188

Rua da desolación

7 Lvvas

venden postais dos aforcados
xa dan pasaporte aos ladróns
os mariñeiros xa voltaron,
o circo xa chegou
no mosteiro os frades trinitários
xa non poden escrivir
xa non erguen as suas plumas
nen hai pan que bendecir
e nas camas, baixo as mantas
as prostitutas piden por favor
que Ari i eu vixiemos
desde a rua da desolación
desprovista das suas cinzas
cos zapatos de cristal
ve-la aí vai facendo dedo
puro estilo Kerouac;
a iso das doce e sen casco
vén Romeo na sua K-100
ela bota-lle un surriso
e monta agarradiña a el;
non hai alma, ninguén baila
dan as cinco no reló
só queda Cenicienta
barre a rua da desolación
lua chea, case oculta
e as estrelas que finxen sair
os meigallos xa se esconden
ninguén sabe o seu porvir;
todo o mundo excepto Ovídio,
Quazimodo ou don Fermin,
todo o mundo fai o amor
ou polo menos iso é o que din
e Santa Teresa reza
vai sair de procesión;
oe-se o cruxir das camas
desde a rua da desolación
Ofélia está na fiestra
qué vai ser dela?, eu non sei;
só ten vintedous anos
e aparenta oitenta e seis;
leva postos sete brancos
cinturóns de castidade,
afogada en misticismo,
falta de vitalidade;
moi a pesar da sua moral
e dos dogmas da relixión,
envidiosa mira ás mozas
que hai na rua da desolación
Einstein vai de Robin Hood
escondido no disfraz
paseando mentras pensa
sobre a relatividade;
vai chupando o seu cigarro,
entre sombras chega á lus,
solta enteiro o alfabeto
e logo invoca a Belcebu;
endexamais poderias pensar
en toda a fama que acadou
aquel fraco violinista
pola rua da desolación
na consulta don Merdiña
garda o mundo no caixón,
un minuto por paciente
vale o título de doutor;
ten un taco de recetas,
bota a firma con plumin,
a enfermeira, moi boa moza
pinta os beizos de carmin
e se non chegan pacientes
colle e baixa os pantalóns;
non hai sexo sen mornura
pola rua da desolación
colocaron xa as pancartas,
anunciou-se xa o festin,
convidaron ao Tenório
e ao marqués de Bradomin;
dirixindo a ceremónia
o Chepas de Notredame
envenena coas suas verbas
ao larpeiro de don Juan;
chega o Chepas pra lles informar
ás mociñas que el encandilou:
potro pra don Juan por pernoctar
na rua da desolación
ao redor da meia noite
os axentes de control
aos que saben mais que eles
levan-nos para a prisón;
logo son encadeados
a unha máquina infernal,
sofren dous ou tres infartos
até que a dose letal
é inxectada polos homes
redentores da razón
para que ninguén escape
pola rua da desolación
rumbo ao cetro de Neptuno
zarpou cedo, hoxe ao mencer,
o Titanic cheo de homes
condenados a morrer:
Peckimpah, o Che e Elliott
a berrar co capitán
e os cantantes de calipso
xa están listos pra bailar,
fan parellas coas sereas
baixo un sol abrasador
e xa non hai mais que contar
desde a rua da desolación
recivin a tua carta onte
sobre os homes e as suas razóns
cando contabas o que pasaba
pensei eu: pobres de nós!
toda esa xente da que falas
xa sei que non están moi ben,
tiven que arranxar-lles as caras
e dar-lles algo de comer;
pero, por favor, se podes agardar
non me mandes mais cartas, non,
unicamente que as franquees
desde a rua da desolación

Adicionar à playlist Tamanho Cifra Imprimir Corrigir Enviar tradução

Comentários

Envie dúvidas, explicações e curiosidades sobre a letra

0 / 500

Faça parte  dessa comunidade 

Tire dúvidas sobre idiomas, interaja com outros fãs de 7 Lvvas e vá além da letra da música.

Conheça o Letras Academy

Enviar para a central de dúvidas?

Dúvidas enviadas podem receber respostas de professores e alunos da plataforma.

Fixe este conteúdo com a aula:

0 / 500

Posts relacionados Ver mais no Blog


Opções de seleção