Canción de Berce

Luar na Lubre

exibições 865

Celanova ten un vento
Celanova un vento ten
un vento peleriñante
un vento que vai e ven

un vento que mais que vento
e un teimoso roncón
fungando polos tellados
con grave e tristeiro son

iste vento vagabundo
vai coa lua ven co sol
vai cos mozos ven cos vellos
vai coa neve ven coa flor

vai coas nubes viaxeiras
por camiños de romaxes
vai co pandeiro da chuvia
repinicando paisaxes

de dia vai cos paxaros
e anda a brincar polas hortas
de noite vai cos morcegos
e anda a petar polas portas

meu neno non teñas medo
que este vento e meu amigo
i anque rosma pola rua
non te levara consigo

vento que vas a aventura
non ollas como che aceno
vaite de aquí paseniño
deixa durmir ao meu neno.